`Queremos cuidar tus animales contigo´

martes, 17 de xullo de 2018

Como nos ven as nosas mascotas?

Parácheste a pensar que os animais non ven igual cá nos?
Ben, os primates máis próximos á especie humana parece que sí, pero xa entre os outros monos hai variacións importantes, sobre todo no que toca ó tipo de cores que poden ver.

Os nosos devanceiros máis lonxanos: peixes, anfibios e reptís, como norma xeral poden ver unha gama basada en 3 ou 4 cores básicas, segundo os pigmentos presentes nas súas células perceptoras da coración no ollo (conos). De feito, as aves, en xeral, son cuatricromáticas, e ven ademais dos tonos visibles para nós tamén o ultravioleta. Nós somos tricromáticos (diferenciamos 3 cores básicas, que son verde, azul e bermello), pero isto é unha rareza entre os mamíferos. De feito, de xeito totalmente seguro unicamente algúns monos o somos. Existe a dúbida de se os gatos o son igual cá nos (ven en verde e azul, a dúbida está no bermello), pero no caso dos cans sábese con certeza que son bicromáticos e que a súa visión dos cores se fai combinando azul e amarelo. A maioría dos mamíferos non poden distinguir cores.

Outra diferencia entre os nosos cans e gatos e nós é que eles posúen unha estructura chamada tapete lúcido que reflexa a luz dentro do ollo, permitindo que sexa moito máis sensible con pouca luminosidade. No caso do gato, 16 veces máis cá o noso! Pero por esto mesmo, o grao de iluminación co cal se topan máis cómodos é sensiblemente máis baixo cá o noso. A súa vista está adaptada ó seu primitivo estilo de vida, nos gatos máis de noite ou de sombras, nos cans máis de mirar contra abaixo. As aves teñen unha estratexia diferente: elas poden controlar voluntariamente a pupila, adaptándose fabulosamente ós cambios de iluminación. Realmente, de entre as nosas mascotas son as que teñen mellor visión. A súa capacidade de enfoque é tamén extraordinaria e ademais, son capaces de diferenciar ata 60 movementos por segundo, frente a 25 nós. Esto significa que, se miran unha película, ven perfectísimamente cada fotograma. Sen esforzo.

Os cans e gatos teñen en comparación cos humanos menos sensibilidade polo detalle. A súa visión detecta moi ben o movemento, pero comparada coa nosa é un pouco difuminada. No caso dos gatos ven moitsísimo mellor aquelo que enfocan directamente cá o que non. Ou sexa, ollan ben aquelo no que se fixan mentres o resto queda "desenfocado"...
Saber como ven axúdanos a entendelos mellor. Saber que nos coñecen moito mellor por cómo nos movemos que polas nosas faccións, e ou por qué ven moi ben o xoguete cando se move, pero que lles custe atopalo cando está parado, aínda que o teñan mesmo diante... Curioso, verdade?

Ningún comentario:

Publicar un comentario