En 2015 Veterinario de Poio acanza o seu XX aniversario. Por eso, ó longo de 2015 irán aparecendo 20 entradas na nosa web relacionadas con esta celebración, a maioría delas relacionadas co número 20. Tras a primeira delas, -o 20% de desconto en referencias seleccionadas de comida Hill´s-, esta será a segunda: imos rememorar cada un dos anos transcurridos, seleccionando aquelo que nos parece máis destacable de cada un, ¿empezamos?
1995: o principio de todo: o local de Rúa do Adro 35. Cun presuposto sucinto, acondicionamos modestamente un localiño nese enderezo, que nos serviu de base operativa para a actividade, que nun principio estaba centrada en visitar a domicilio. Problemas que impediron regularizar a actividade nesta ubicación fixeron que xa desde un principio de plantexase a necesidade de cambiar.
1996: o auto de choque: co traballo dividido entre Poio e o concello natal do fundador de Veterinario de Poio, Cotobade, onde se realizaba clínica de animais de granxa, moitas veces pasábase gran parte do tempo corre para arriba, corre para abaixo. Este plantexamento pouco racional traduciuse en que ó longo deste ano sufrise ata ¡3 accidentes de circulación!, ningún grave afortunadamente. Estaba claro que algo había que cambiar...
1997: tendo decidido centrarse progresivamente en Poio e na clínica de animais de acompañamento, a principios de 1997 vendeuse o infortunado Twingo adquirido novo naquela primeira etapa para cambialo por... un Visa de 15 anos, e utilizar o remanente conseguido para equipar mellor a consulta. Foi entón cando se adquiriu un primeiro ecógrafo, usado e non demasiado adecuado, pois procedía dunha consulta dun médico, pero que a pesar de todo prestou un servizo aceptable.
1998: ese ano Veterinario de Poio efectuou a venta do "calderín", o tanque de nitróxeno líquido onde se conservaban as "pajuelas" usadas para realizar inseminacións artificiais nas vacas. Abandonábase así a clínica de vacún maior, mentres se ía aumentando progresivamente o horario de apertura da consulta, que desde entón xa foi unha cousa normal (de 6 horas e media). Ter en conta que nun principio fora só de ¡3 horas, e divididas entre mañán e tarde!.
1999: Por esta época o esforzo estaba centrado en desenvolverse como consulta de animais de acompañamento. Por eso, fixéronse adquisicións tales coma un analisador de bioquímica líquida ou un pequeno monitor anestésico. Tanto un coma outro eran do máis barato que se podía topar no mercado, e serviron para facer patente que desde logo compensa adquirir equipos de boa calidade. Aquel analisador demostrouse pouco fiable, e ó pouco tempo xa só se usaba para as urxencias ... e sempre desconfiando dos resultados, que despois se contrastaban en laboratorio. O monitor, sen ser unha marabilla precisamente, polo menos cumpriu co seu papel.
2000: Veterinario de Poio prantexábase crear equipo. Ó longo dos anos transcorridos aceptáranse estancias de estudantes de veterinaria, nunha época en que aínda non estaban ben organizadas dentro dos plans de estudos, e dentro deles quero destacar a Miguel, que moitos coñeceredes... da asesoría AEPO. Miguel de AEPO é veterinario, e dígovos eu que tería dado un profesional brillante. Plantexámonos colaborar, pero finalmente decidiu centrarse no negocio dirixido pola súa muller, que é actualmente un referente na nosa zona.
2001: Este ano brindouse por fin unha boa oportunidade para efectuar o necesario cambio de local, trasladándonos a Avenida Porteliña 27. Con esto, Veterinario de Poio facíase cunha estructura con potencial para progresar: máis superficie, mellor distribución, unha situación máis comercial... e ademais, importante, cumprindo con tódolos requisitos legais.
2002: Este ano adquiriuse un auto con carrozaría familiar. Esto posibilitaba por vez primeira que Veterinario de Poio puidese facer traslados de mascotas entre a clínica e os domicilios.
2003: Desde un principio o novo local estivo acondicionado para recibir un equipo de Raios X, que se instalou esta anualidade. Evidentemente esta incorporación deu unha nova proxección á nosa consulta.
2004: Veterinario de Poio contrata á veterinaria Ana Lombos. Empeza a conformarse o actual equipo ca incorporación desta excelente profesional, que será clave para facer callar a nova estructura que se dera a nosa consulta.
2005: Adquisición dun novo ecógrafo. Agora, un novo equipo específico para uso en veterinaria de animais de acompañamento, do cal -axudándonos dunha axeitada formación- tiraremos moito máis partido.
2006: Outro avance clave foi a implantación da anestesia por gases (e cun novo monitor, agora de boa calidade). Anestesias máis seguras e mellor controladas, maiores posibilidades para o noso servizo de cirurxía.
2007: Adquiriuse unha furgoneta capaz de acoller unha gran caixa de transporte de animais. Seguro que moitos lembrades aquela Ford rotulada co enderezo web da clínica (xa daquela tiñamos unha web!). Con todo, a posibilidade ofertada de transportar animais entre a clinica e a consulta nunca terá demasiada demanda.
2008: Empezamos a ofertar o servizo de perruquería canina e felina, a cargo de Marta Pastor. Esta proposta sí que será un éxito.
2009: Incorporación dunha terceira veterinaria, Alicia Barral. Outra magnífica colaboradora, clave para consolidar o notable crecemento que experimentou Veterinario de Poio durante os seguintes anos.
2010: Outro equipamento importante chega á nosa consulta: un analisador de sangue de calidade referencial. Desde entón, podemos afrontar as analíticas urxentes con máis solvencia.
2011: Veterinario de Poio efectúa a dixitalización do equipo de radioloxía. Imaxes de calidade incomparablemente superior, que permiten diagnósticos moito máis certeiros.
2012: Para afrontar a iniciativa de implantar un horario semicontinuo -que finalmente será continuo- incorporamos unha nova e tamén estupenda veterinaria, Vivian Trillo, que nos aportará ademais o seu coñecemento en áreas que ata entón non se profundizaran en Veterinario de Poio, coma a clínica de aves e pequenos mamíferos.
2013: Adquisición dun equipo de electrocirurxía, que nos permite realizar a cirurxía sen sangrado en moitas das intervencións e ampliar ou mellorar a calidade da nosa oferta cirúrxica, que por entón empezara a incorporar a traumatoloxía (operación de fracturas óseas).
2014: A marcha de Alicia Barral a fins deste ano fixo que nos visemos na necesidade de reorganizar o equipo. Incorporamos entón á máis que prometedora auxiliar Nuria Magdaleno, que será clave para estructurar de maneira racional o noso traballo.
2015: aínda que este ano non pasou por completo, queremos propor xa un candidato a feito máis destacado do ano na implantación do turno de urxencias que se empezou a facer conxuntamente co Centro Veterinario Darwin, pois simboliza o noso propósito de cultivar a colaboración con outras clínicas co obxectivo de sumar potencialidades e así ofertar as mellores atencións posibles para os vosos pequenos mellores amigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario