Tes previsto que nazan canciños ou gatiños na túa casa? Queremos darche algunhas nocións para que esa niñada medre sana e feliz:
A verdade é que normalmente
as nais realizan estupendamente todo o traballo necesario para levar
adiante as súas crías, pero tampouco é raro que perdamos algún
cachorriño ou gatiño nos seus primeiros días. Algunhas destas
perdas son inevitables, pero outras non, e deberemos estar atentos a
unha serie de orientacións para intentar previr as mortes
evitables.
A
primeira delas, evidente, é comprobar que o comportamento
maternal é axeitado.
Pero
ademais, recomendamos realizar as seguintes comprobacións na
niñada:
- pesar os cachorros: normalmente duplicarán o peso en 10 días.
- Vixiar a aparición de feces verdes ou brancas: indican mala dixestión
- Proporcionarlles a temperatura de confort: coa nai: 20-24º; sen a nai: 28-32º. Excederse causa deshidratación e constipación (estreñemento).
Ademais,
existen algúns trastornos que debemos coñecer para podelos
detectar o máis pronto posible. Debemos ser conscientes de que o
éxito da intervención veterinaria en caso de que se presente un
problema vai depender en gran medida de que se realice a tempo, pois
os cachorriños de días son complicados de remontar unha vez se
atopan mal.
Os
trastornos máis importantes que temos que verificar que non se
presenten no primeiro día son basicamente dous:
Distrés
respiratorio: Apreciaremos poucas respiracións por minuto.
Lembrar que a estimulación por parte da nai é moi importante para que empecen a
respirar. Outras causas: sufrimento durante o parto, aspiración de
meconio (o líquido do parto non se absorbe no pulmón), danos e
infeccións.
Síndrome
3H (hipoglicemia,
deshidratación,
hipotermia):
cachorros que non succionan e que ó deshidratarse perden temperatura
e peso. Pode estar causado por infección, íleo, herpesvirus... Deberemos
suplementarlles leite intubándoos, e tamén se deberá monitorizar o
nivel de glicosa. En caso de deshidratación deberemos
subministrarlles ademais soro por vía subcutánea.
O
motivo de mortalidade máis frecuente nos
3 primeiros días son as
infeccións procedentes da nai,
por máis que na maioría dos casos aparentemente se vexa normal.
Debemos solicitar asistencia veterinaria para valorar se é oportuno
administrar antibióticos á mínima sospeita.
A
principal causa de que se perdan cachorros dentro das primeiras 3
semanas é a infección por herpesvirus. O
veterinario recomendará moitas veces realizar analíticas para
comprobar a presenza deste virus en caso de problemas de fertilidade
(abortos, nacemento de cachorros mortos ou débiles), e valorará o
interese de facer a vacinación profiláctica.
Por
suposto, estes non son os únicos motivos que poden orixinar que
poidamos perder algún cachorro recén. Se sucedese algún problema,
tamén investigaremos outras posibles causas. Lembrar s
empre que
Normalmente
as nais realizan estupendamente todo o traballo necesario para levar
adiante as súas crías, pero non é raro que perdamos algún
cachorriño ou gatiño nos seus primeiros días. Algunhas destas
perdas son inevitables, pero outras non, e deberemos estar atentos a
unha serie de indicacións para intentar previr as mortes
evitables.
A
primeira delas, evidente, é comprobar que o comportamento
maternal é axeitado.
Pero
ademais, recomendamos realizar as seguintes comprobacións na
niñada:
- pesar os cachorros: normalmente duplicarán o peso en 10 días.
- Vixiar a aparición de feces verdes ou brancas: indican mala dixestión
- Proporcionarlles a temperatura de confort: coa nai: 20-24º; sen a nai: 28-32º. Excederse causa deshudratación e constipación (estreñemento).
Ademais,
existen algúns trastornos que debemos coñecer para podelos
detectar o máis pronto posible. Debemos ser conscientes de que o
éxito da intervención veterinaria en caso de que se presente un
problema vai depender en gran medida de que se realice a tempo, pois
os cachorriños de días son complicados de remontar unha vez se
atopan mal.
Os
trastornos máis importantes que temos que verificar que non se
presenten no primeiro día son basicamente dous:
Distrés
respiratorio: Apreciaremos poucas respiracións por minuto.
Lembrar que a estimulación é moi importante para que empecen a
respirar. Outras causas: sufrimento durante o parto, aspiración de
meconio (o líquido do parto non se absorbe no pulmón), danos e
infeccións (sepse).
Síndrome
3H (hipoglicemia,
deshidratación,
hipotermia):
cachorros que non succionan e que ó deshidratarse perden temperatura
e peso. Pode estar causado por sepse, íleo, herpesvirus... Deberemos
suplementarlles leite intubándoos, e tamén se deberá monitorizar o
nivel de glicosa. En caso de deshidratación deberemos
subministrarlles ademais soro por vía subcutánea.
O
motivo de mortalidade máis frecuente nos
3 primeiros días son as
infeccións procedentes da nai,
por máis que na maioría dos casos aparentemente se vexa normal.
Debemos solicitar asistencia veterinaria para valorar se é oportuno
administrar antibióticos á mínima sospeita.
A
principal causa de que se perdan cachorros dentro das primeiras 3
semanas é a infección por herpesvirus. O
veterinario recomendará moitas veces realizar analíticas para
comprobar a presenza deste virus en caso de problemas de fertilidade
(abortos, nacemento de cachorros mortos ou débiles), e valorará o
interese de facer a vacinación profiláctica. A presenza deste virus
é actualmente bastante frecuente.
Por
suposto, estes non son os únicos motivos que poden orixinar que
poidamos perder algún cachorro recén. Se sucedese algún problema,
tamén investigaremos outras posibles causas.
Sempre
un bo control por parte dos donos e unha boa cooperación cos
veterinarios reducirá os disgustos ó mínimo posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario