`Queremos cuidar tus animales contigo´

luns, 13 de xullo de 2015

TEUVET: confianza mutua PARA UNA SALUD MEJOR


TEUVET son os plans de saúde ideados por Veterinario de Poio para axudarche a coidar máis e mellor da túa mascota. Podes optar entre:
 
TEUVET CONTROL: as vacinacións e desparasitacións, tódalas consultas con cita previa que poida necesitar, a identificación (microchip) e unha completa revisión de saúde que inclúe analíticas, electrocardiograma, radiografías, ecografía...

A xestión óptima do benestar e a saúde que propicia unha vida máis longa e feliz!

 ou

TEUVET CONTROL PLUS: máis o 70% de desconto nas cirurxías e o 30% nas probas diagnósticas (radiografías, ecografías, electrocardiograma, microscopías e analíticas) realizadas por Veterinario de Poio. Tranquilidade aumentada!

 
TEUVET é
SEGURIDADE, TRANQUILIDADE, AFORRO, LONXEVIDIDADE
 
 
QUÉ INCLÚE TEUVET?

TEUVET CONTROL:

                   as desparasitacións internas e externas precisas para todo o ano,

                   as vacinacións (1),

                   as consultas de medicina xeneralista con cita previa,

                   a identificación (microchip),

                   o paquete TEUVET de probas e analíticas, que inclúe: ecografía abdominal, electrocardiograma, radiografías, exame coprolóxica, analíticas urinaria e sanguínea...

     e ademais, nos cans: o test Quattro de doenzas vectoriais.   

              e nos gatos: o 1º test leucemia-inmunodeficiencia.

TEUVET CONTROL PLUS engade:

-30% de desconto nas probas diagnósticas e analíticas realizadas por Veterinario de Poio (2)

-70% de desconto nas intervencións cirúrxicas realizadas por Veterinario de Poio (3)

(1)             Vacinacións esenciais e máis a antirrábica e a dos catarros víricos no caso dos cans; leucemia en gatos e leishmaniose en cans en caso de condicións de risco e a criterio facultativo.

(2)            Veterinario de Poio dispón dun equipo de hematoloxía e bioquímica sanguínea de última xeración que permite a realización da gran maioría das determinacións sanguíneas precisas na clínica diaria, así como dos equipamentos precisos para realizar urianálise, microscopía, tensiometría, tonometría ocular, etc.

(3)           O servizo cirúrxico de Veterinario de Poio realiza unha ampla gama de intervencións de tecidos brandos, entre elas: corrección de defectos palpebrais (blefaroplastia); fixación da membrana nictitante; reposición do globo ocular protruído; apertura dos orificios nasais estreitos nos cans chatos; extraccións dentais e outras técnicas odontolóxicas (consultar); intervencións no estómago (gastrotomía), o intestino (enterectomía, enterotomía) e na vexiga urinaria (cistotomía); esterilización de femias (ovariohisterectomía) e machos (orquidectomía ou vasectomía); cesárea; extirpación de bazo (esplenectomía), cordóns mamarios, glándulas salivales, diversos tipos de tumores, etc; corrección de hernias; reposición con anestesia de membros dislocados; así como suturas e curas de feridas, e limpezas dentais por ultrasons con posterior pulido.

CÁNTO CUSTA TEUVET ?
 
TEUVET CONTROL:              277 €/ano IVE incluído

TEUVET CONTROL PLUS:       388 €/ano IVE incluído

Propietarios de varias mascotas: 3% de desconto na segunda mascota con suscripción en vigor, 6% na terceira, 9% na carta, 12% na quinta e sucesivas.

Os descontos superiores practicaranse nas suscripcións de menor valor.

Condicionado:

TEUVET é unha suscripción anual. O seu importe pode fraccionarse sen cargo para o cliente a traveso do servizo Aplazos de Abanca. Cada suscripción é para unha mascota individual.

TEUVET dá dereito a tódalas consultas con cita previa dispoñible dentro do horario regular de atención ó público de Veterinario de Poio que o cliente solicite por motivos xustificados. As revisións correspondentes ás consultas serán pautadas polo equipo facultativo. Cortes de unllas, limpezas de oídos sans e control do pelo dos oídos ou entre os dedos están incluídos.

O proposito da analítica sanguínea é a detección precoz de doenzas ou de desviacións que poidan derivar en doenzas, así coma o seguemento de anomalías preexistentes, e o seu contido será pautado a criterio facultativo, podendo ser diferente en suscripcións equivalentes.

As desparasitacións comportan: desparasitación interna cada 3 meses e externa ca frecuencia pautada conforme o produto usado, durante toda a vixencia da suscripción. A elección dos antiparasitarios será: conforme criterio facultativo, evidencia de eficacia e comodidade de uso ou preferencia.

As radiografías de displasia realizaranse aos cachorros das seguintes razas: bobtail, border collie, boxer, caniche xigante, chow-chow, cocker spaniel, collie, dogo alemán, dogo de Burdeos, español bretón, galgo afgano, golden retriever, Labrador retriever, Lhasa apso, mastín español, montaña dos Pirineos, pastor alemán, pastor australiano, pastor belga, rottweiler, sabuesos, samoyedo, San Bernardo, schnauzer xigante, setters, shar-pei, Terranova e weimaraner. A anestesia necesaria será facturada de maneira independente.

Os prezos publicitados son válidos para suscripcións realizadas durante 2018.

En caso de que unha mascota deixe de existir (baixa por falecemento en REGIAC) durante a duración dunha suscripción, poderá disporse do importe proporcional ó tempo de suscripción non aproveitado como parte do pago doutra suscripción.

Veterinario de Poio resérvase o dereito de admisión de suscripcións.

        TEUVET NON INCLÚE:

        . consultas en horario regular sen cita previa (facturaranse no seu caso 6 € i.i.).

        . atencións fóra de horario regular (servicio de emerxencias) nin desprazamentos a domicilios.

        : servizos realizados por terceiros (casos ou cirurxías que sexan remitidos a especialistas,

        probas ou analíticas realizadas por colaboradores externos)

        . internamentos que comporten estancias que excedan o horario de apertura.

        . medicacións, fluidoterapias, suplementos nutricionais, dietas terapéuticas nin analíticas ou

        probas diagnósticas que non se realicen no contexto dunha revisión preventiva, ca excepción   dos descontos para as analíticas e probas pautados para o TEUVET PLUS.        

        . intervencións cirúrxicas, salvo os descontos pautados para o TEUVET PLUS.
 
 
TEUVET
confianza mutua

Ningún comentario:

Publicar un comentario